Oferta do día: poesía fresca

No ano 2011, Lois Pereiro foi o autor elixido para celebrar o Día das Letras Galegas. A obra do poeta monfortino resultaba próxima de máis para deixar pasar unha ocasión de renovar a visión actual da poesía cunha aproximación orixinal.

Contando co apoio decidido da empresa alimentaria Gadis e a axuda dun grupo de amigos e amigas dispersas pola xeografía galega, preparamos este desembarco da poesía no ámbito cotiá. Lois Pereiro no supermercado.

A acción apoiábase no impulso divulgativo que Gadis mantiña nos seus establecementos: cada ano editaba unha bolsa plástica persoalizada co rostro do autor o autora homenaxeado no Días das Letras e rotulada con algún texto representativo.

Para ir máis aló e reclamar o papel da poesía no medio do ruído dun espazo tan convencional e prosaico como o supermercado, organizamos a nosa posta en escena en varios centros de Gadis en A Coruña, Santiago e Vigo.

No día sinalado, os nosos voluntarios fixeron a correspondente lectura da oferta do día pola megafonía dos centros, anunciando que para esa xornada contaban coa poesía fresca de Lois Pereiro.

Tamén dispuxemos exemplares de obras de Lois Pereiro empaquetadas en bandexas de produto nos estantes.

Por último, fixemos tamén lectura en directo a modo de performance diante dos (sorprendidos) clientes.

De todo ese material recopilamos fragmentos de vídeo gravados durante a xornada que serviron para facer unha peza-resume da experiencia que compartimos en redes sociais e que foi mesmo divulgado a nivel nacional pola revista dixital Yorokobu.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *