Viaxes persoais

Realizado nos anos 2005 e 2006 como proxecto de Imaxenova Comunicación para Turgalicia, Proximidades era un xeito de aproveitar o tirón mediático de figuras públicas galegas para crear un ha visión do turismo vinculada ao territorio.

Máis que visitar, coñecer espazos urbanos ou naturais da man das reflexións de profesionais brillantes sobre o terreo. O proxecto traducía en imaxes e palabras esa proximidade anunciada, unha complicidade baseada na exposición pública da intimidade do invitado ou invitada en contacto co seu territorio.

Subir ás árbores das carballeiras de Trives coa deportista de montaña Chus Lago, recorrer co escritor Alfredo Conde as rúas de Allariz, “o pobo con máis igrexas por católico cadrado”, afondar na paisaxe urbana en Pontevedra xunto ao arquitecto César Portela ou deixarse ir no ritmo urbanita da Coruña da man da deseñadora Kina Fernández.
Proxectos de papel coma este deron peso á escrita e ao papel da fotografía á hora de reconstruír escenografías que servisen de reclamo a un turismo de calidade e desestacionalizado. Galicia segue perseguindo hoxe ese obxectivo con múltiples iniciativas, agora xa centradas no enorme potencial do mundo dixital.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *